Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35074

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación da obra de humanización da avenida de Puxeiros entre a glorieta da estrada de Puxeiros-Mos e o acceso á A-55 no punto quilométrico 9 do termo municipal de Mos.

Na Xunta Local de Goberno do 22 de xuño de 2017, aprobáronse o expediente de contratación e os pregos de condicións da obra de humanización da avenida de Puxeiros entre a glorieta da estrada de Puxeiros-Mos e o acceso á A-55 no p.q. 9 do termo municipal de Mos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: humanización da avenida de Puxeiros entre a glorieta da estrada de Puxeiros-Mos e o acceso á A-55 no p.q. 9 do termo municipal de Mos.

Prazo de excución: tres (3) meses.

3. Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato: 206.611,57 euros ao cal se lle engadirá o IVE de 43.388,43 euros.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.mos.es/ e no Concello de Mos. Reguengo, 1, Petelos. 36416 Mos. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00; telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os vinte e seis (26) días naturais desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no último boletín (DOG ou BOP), das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, no Rexistro Xeral do concello ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que cómpre presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e a documentación que se sinala nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o sexto (6º) día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 27 de xuño de 2017

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa