Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35082

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Confecciones Olaia, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución e liquidación da cooperativa Confecciones Olaia.

Con data 1 de xuño de 2017, na sede social da cooperativa, con domicilio en rúa Navas de Tolosa, nº 2, baixo, sendo as 12.00 horas, acórdase, en sesión universal da asemblea xeral extraordinaria, proceder á disolución da cooperativa, cesar aos membros do Consello Reitor e acórdase o nomeamento dos liquidadores: Mª Asunción López García, Mª Elena Freire Igrexas e Mariña Rey González, a asemblea xeral extraordinaria, tamén en sesión universal, acordou a liquidación da cooperativa. A documentación social da liquidación pode consultarse no domicilio social da cooperativa. O que comunica para o xeral coñecemento dos interesados en virtude do disposto nos artigos do 86 ao 89 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

Moaña, 13 de xullo de 2017

Mª Asunción López García,
Mª Elena Freire Iglesias
e Marina Rey González
Liquidadores