Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2015-0131 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse aos interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 4 de xullo de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 19.7.2016)
Luisa-Fernanda Pérez Montero
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente: CO-RES-2015-0131.

Interesado: Ángel Eduardo Amado Tamborino.

Acto notificado: terceira multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2017-0149.

Interesado: José García Gutiérrez.

Acto notificado: acordo de iniciación.