De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 27 de xuño de 2017 relativo ao proxecto da nova estación intermodal de Santiago de Compostela (estación de autobuses e pasarela peonil de conexión), no concello de Santiago de Compostela (A Coruña), promovido pola Dirección Xeral de Mobilidade.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático