Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 29 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, no que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal de Portas.

Faise pública a Resolución do 28 de xuño de 2017 pola que se formula a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal de Portas, en cumprimento do disposto na devandita resolución.

O proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, está integrado no procedemento de aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico segundo o disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1375/2012

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático