Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 34993

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 29 de xuño de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca para vinculación temporal, por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas da licenciado sanitario para os servizos sanitarios de atención especializada da dita xerencia.

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, por concurso de méritos, as prazas de licenciado sanitario que se relacionan no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, sito no Edificio Santa María Nai do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, planta -3, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ourense, 29 de xuño de 2017

Dioniso López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras