Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34939

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de licitación do servizo de xestión do cinema municipal.

De conformidade coa Resolución da Alcaldía do 11 de xullo de 2017, por medio deste anuncio efectúase convocatoria por procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, cun único criterio de adxudicación o prezo para a adxudicación do contrato do servizo de xestión do cinema municipal.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Verín.

2. Obxecto: servizo de xestión do cinema municipal.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, cun único criterio de adxudicación: o prezo.

4. Orzamento base de licitación: 54.000,00 € máis o 21 % de IVE (11.340,00 €) o que supón un total de 65.340,00 €.

5. Garantía provisional: excluída.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Verín, praza do Concello, s/n, Verín; CP 32600. Teléfono: 988 41 00 00. Fax: 988 41 19 00 Data límite para a obtención de documentos e información: ata o día anterior ao do prazo de presentación de proposicións.

7. Data límite de presentación de proposicións: quince (15) días naturais contados desde o último anuncio de licitación no BOP, DOG ou no perfil do contratante.

8. Apertura das proposicións: comunicarase con 24 horas de antelación.

9. Requisitos específicos do contratista e outras cuestións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

10. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: http://verin.sedelectronica.gal

Verín, 12 de xullo de 2017

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde