Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, no que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal, concello de Oleiros (expediente 2016AAE1892; código 1798/2016).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise pública a Resolución do 22 de xuño de 2017 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria sobre a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal, concello de Oleiros.

Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático