Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2017 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente na realización das verificacións administrativas e sobre o terreo previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) 1303/2013 e na realización de controis de calidade de operacións aprobadas para cofinanciar co Programa operativo de emprego xuvenil (POEX) 2014-2020, cofinanciado polo POEX, nun 80 %, no eixe prioritario 8B asistencia técnica, obxectivo específico 01, campo de intervención 121.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA13/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: consiste na realización das verificacións administrativas e sobre o terreo previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) 1303/2013 e na realización de controis de calidade de operacións aprobadas para cofinanciar co Programa operativo de emprego xuvenil (POEX) 2014-2020.

c) CPV: 79212000-3.

d) Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ao da súa sinatura ata o 31.3.2021.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación (criterios cuantitativos avaliables mediante fórmulas):

• Oferta económica: ata 75 puntos.

• Formación dos membros do equipo auditor: ata 25 puntos.

4. Orzamentos base de licitación:

a) Prezo: cento corenta e un mil seiscentos vinte e tres euros con setenta e catro céntimos (141.623,74 €), IVE excluído.

b) IVE: vinte e nove mil setecentos corenta euros con noventa e nove céntimos (29.740,99 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio. Servizo de Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Correo electrónico: contratacion@conselleriadefacenda.es

g) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=176057

h) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia:

– Económica e financeira: volume anual de negocios que, referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos, sexa igual ou superior a 59.284,36 €.

– Técnica e profesional: relación de traballos do mesmo tipo ou natureza realizados nos últimos cinco anos que acredite ter verificado operacións financiadas con fondos europeos por importe igual ou superior a 6.287.734,95 €.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na Oficina do Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 10 do PCAP.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: publicarase no perfil do contratante a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre B.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=176057

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda