1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente 4486-440.
2. Obxecto do contrato: a execución das obras do proxecto de humanización da rúa García Lorca.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: 8 meses. Prórroga: non procede.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 1.206.549,77 euros, IVE que soportará a Administración: 253.375,45 euros. Orzamento total: 1.459.925,22 euros.
5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: si, por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato e documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 4.
b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas). Indicaranse importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao valor estimado e teñen documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 4.
8. Presentación de ofertas: prazo: rematará aos 26 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións:
11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 5 de xullo de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación