Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (20/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 20/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Mar López Pita contra Limpiezas Edreira, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto de desistencia, cuxa parte dispositiva di:

Ter por desistida a María del Mar López Pita da súa demanda fronte a Limpiezas Edreira, S.L., en materia de reclamación de cantidade:

– Deixar sen efecto o sinalamento do 13.11.2017 ás 10.15 horas.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución. Asinado. A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Edreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza