Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato de prestación de servizos de persoal técnico deportivo para actividades físicas e deportivas e salas de fitness desta universidade no curso 2017/18 (expediente 2017/4003 (dous lotes).

– Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, núm. 9, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1119, 1120).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2017/4003 (dous lotes).

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: prestación de servizos de persoal técnico deportivo para actividades físicas e deportivas e salas de fitness da UDC no curso 2017/18. Lote 1: prestación de servizos de monitores para actividades físicas e deportivas da UDC durante o curso académico 2017/18. Lote 2: prestación de servizo de asistencia técnica e control das salas de fitness da UDC durante o curso académico 2017/18.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si; dous (2) lotes.

d) Lugar de execución/entrega: instalacións deportivas da Universidade da Coruña (Campus da Coruña e Ferrol).

1º. Domicilio: Campus Elviña e Campus de Esteiro.

2º. Localidade e código postal: A Coruña, 15071 e Ferrol, 15403.

e) Prazo de execución/entrega: lote 1: 10 meses (de setembro de 2017 a xuño de 2018). Lote 2: 11 meses (de setembro de 2017 a xullo de 2018).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 92600000-7.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

– Valor estimado do contrato: 202.200,70 euros. Lote 1: 102.628,50 euros. Lote 2: 99.572,20 euros.

– Orzamento base de licitación:

Importe neto: 155.539,00 euros. Importe total: 188.202,19 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do oitavo día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría; r/ Maestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante, o día e a hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxudicatarias a rateo.

A Coruña, 10 de xullo de 2017

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña