Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria, do contrato de servizo para a realización de explotación e optimización das instalacións de depuración da autovía AG-64, con clave GA/17/104.01. AT/012/2017.

1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: + 981 54 49 86.

5º. Telefax: + 981 54 47 91.

6º. Enderezo da Internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=180812.

7º. Data límite de obtención da documentación e información: 28 de agosto de 2017.

d) Número de expediente: GA/17/104.01. (AT/012/2017).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo para a realización de explotación e optimización das instalacións de depuración da autovía AG-64.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Localidade e código postal: provincia da Coruña15070.

e) Prazo de execución: 48 meses. Prórroga: 24 meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90420000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.811.318,92 € sen IVE. IVE 590.376,97 €. Importe total: 3.401.695,89 €.

b) Cantidade ou extensión global do contrato (incluídos todos os lotes, renovacións e opcións, de ser o caso): 4.712.846,17 €, IVE excluído.

5. Garantías exixidas:

Garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación (sen IVE).

6. Requisitos específicos do contratista:

A) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e a epígrafe J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, epígrafe K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación de ofertas: 28 de agosto de 2017.

b) Modalidade de presentación:

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Edificios Administrativos San Caetano.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: perfil do contratante www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=180812 con dous días hábiles de antelación á realización do acto público.

9. Gastos de publicidade:

Serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6 de xullo de 2017.

11. Outras informacións:

a) Idioma (s): galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto coa tradución oficial.

b) Modalidades básicas de financiamento ou de pagamento e/o referencias aos textos que as regulan: segundo o establecido na cláusula 5.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Forma xurídica para agrupacións de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

d) Información complementaria: tipo de poder adxudicador: Administración rexional. Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

e) A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A), segundo se especifica no 3.6 Constitución e funcionamento da mesa do prego de cláusulas administrativas particulares.

A apertura do sobre B (Oferta técnica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=180812 con dous días hábiles de antelación ao da realización do acto público.

A apertura do sobre C (Proposición económica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=180812 con dous días hábiles de antelación ao da realización do acto público.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=180812.

No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas