Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017254AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 8 de xuño de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017254AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Ramón Fariña Silva, con DNI 36057732B.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica a Ramón Fariña Silva o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 23 de xuño de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017254AL-PO.

Denunciado: Ramón Fariña Silva, con DNI 36057732B.

Último enderezo coñecido: avenida Castelao, 65, 3º B, 36209 Vigo.

Feito imputado: suposta infracción administrativa en materia de sanidade.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 14.1, 17.1 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 35.B).2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción proposta: tres mil cinco euros e sete céntimos de euro (3.005,07 €).