Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de xuño de 2017 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/45/2016-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a María Dolores Sancosmed Lema, Pablo Sancosmed Lema, María Amparo Sancosmed Lema e Manuel Sancosmed Lema para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/45/2016-RP1, en relación coas obras consistentes na instalación dunha casa tipo mobil home, caseta tipo xardín e soleira de formigón e dous pozos, que se levan a cabo no lugar de Cortiña Grande, pol. 1, parc. 3, no termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 30/2015, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística