Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos en relación co expediente BS210A/LU-0000025521 e un máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados para seren notificados dos requirimentos emitidos nos procedementos instados polos interesados relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Estes requirimentos outorgan aos interesados un prazo de dez (10) días para a emenda das súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que os interesados desisten da súa solicitude, ao abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e procederase ao arquivamento do expediente logo da resolución ditada nos termos do artigo 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os interesados poderán comparecer para ter coñecemento íntegro de acto e constancia deste no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Lugo, 23 de maio de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/ proced. BS210A

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000025521

Rosario López Murias

(33735383-H)

Requirimento de emenda da solicitude

15.2.2017

LU-0000036609

Evangelina Lagares Rodríguez

(33635180-A)

Requirimento de emenda da solicitude

20.2.2017