Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude da condición mineromedicinal e termal dunhas augas no termo municipal de Salvaterra de Miño.

A Xefatura Territorial de Pontevedra dá a coñecer que o Concello de Salvaterra de Miño solicitou a declaración da condición mineromedicinal e termal das augas captadas por medio dun pozo de barrena no lugar de Teáns, parroquia de Oleiros, cuxos terreos son propiedade do propio Concello de Salvaterra de Miño.

As coordenadas Datúm UTM ETRS-89 que definen a situación do pozo son X= 542.891; Y= 4.658.999.

O que se fai público segundo o disposto no artigo 4.3 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia. Durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente estará dispoñible ao público para a súa consulta na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra (http://ceei.xunta.gal/expediente-exploracions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado e deberán ser dirixidas ao xefe territorial da consellería, en calquera das oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 6 de xuño de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra