Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34011

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. para a realización de traballos técnicos.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Vivenda a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. para a realización de traballos técnicos, que ten as seguintes características:

– Obxecto: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., realizará traballos de apoio técnico á Dirección Xeral de Mobilidade, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no desenvolvemento daquelas tarefas en que a experiencia acumulada por Xestur na execución de obras permita complementar o traballo de persoal da mencionada dirección xeral.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a consideración de medio propio e instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Orzamento: 93.781,13 euros.

– Prazo de vixencia: 18 meses.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda