Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, que ten por obxecto a adquisición de pértegas telescópicas para a loita e control da avespa asiática ou avespa velutina, para servizos de emerxencias, cofinanciada nun 80 % polo Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, actuación 05.02.01.03.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma, nº 25-27, 1º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 72 57.

5º. Fax: 981 54 60 28.

6º. Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=181306

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e da páxina web: http://www.axega112.gal.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o 28 de xullo de 2017 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.17.SU.103.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: adquisición de 30 pértegas para a loita e control da praga da avespa velutina.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: 40 días desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura CPV: 35113000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. A pluralidade dos criterios de avaliación enuméranse e detállanse coas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 54.034,00 €, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación: 65.381,00 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 por cento do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 16 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 17 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do 28 de xullo de 2017.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas e no exterior dos sobres debe figurar o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: r/ Roma, 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no número 1.c) deste anuncio.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de las ofertas:

a) Descrición: a apertura, comprobación e avaliación separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, e do sobre B, cos elementos da oferta que admiten unha avaliación mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.

c) Enderezo: r/ Roma, 25-27, 3ª planta, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar en acto público. A data e hora da súa celebración comunicarase coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación mediante telegrama ou fax, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e avaliación da oferta do sobre B: a apertura do sobre B realizarase en acto público e a data e a hora comunicaranse coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores. No caso de que o acto público de apertura das ofertas se modifique notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias