Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña, Campaña verán 2017 (expediente 13/2017).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 13/2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=160471

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís de Espiñeira-Boiro, Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son na provincia da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 85, do 4 de maio de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 183.440,91 euros. IVE (10 %): 18.344,09 euros. Importe total: 201.785,00 euros.

5. Formalización:

a) Data: 19 de xuño de 2017.

b) Contratista: Tourgalia Gestión, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 181.606,50 euros. IVE (10 %): 18.160,65 euros. Importe total: 199.767,15 euros.

A Coruña, 27 de xuño de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña