Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración e instalación da nova plataforma de backup para a Xunta de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0059).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0059.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación a subministración do hardware e licenzas, así como a realización das tarefas necesarias, para a posta en funcionamento dunha nova plataforma de backup en que consolidar as plataformas existentes actualmente na Amtega.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: establécense os seguintes prazos de entrega:

• O prazo de entrega de licenzas de software de backup será de 1 mes contado a partir da data de formalización do contrato.

• O prazo de entrega e configuración inicial de hardware será de 4 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

• O prazo para realizar a consultoría, configuración da plataforma e migración de clientes da antiga plataforma de backup será de 12 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

Lugar de entrega: a entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 2.314.049,58 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 2.314.049,58 €, máis 485.950,42 € correspondentes ao IVE (21 %), o que supón un orzamento total do expediente de gasto de 2.800.000,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

2017: 1.157.024,79 € + IVE (242.975,21 €) = 1.400.000,00 €.

2018: 1.157.024,79 € + IVE (242.975,21 €) = 1.400.000,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=181303.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 7.8.2017, de acordo ao establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa ao sobre 2 indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 5.4.2017.

14. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 7.8.2017.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia