Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración sucesiva de materiais para a realización de determinacións de hematimetrías (expediente MS-EIC1-16-004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: MS-EIC1-16-004.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración de materiais para a realización de determinacións de hematimetrías.

c) Lotes: non.

d) CPA (referencia de nomenclatura): 20.59.52.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0.

f) Acordo marco (se procede): si.

g) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

h) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

i) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE: 23 de xaneiro de 2016, DOG: 29 de xaneiro de 2016 e BOE: 9 de febreiro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (suxeito á regulación harmonizada).

4. Valor estimado do contrato:

Valor estimado do contrato sen IVE: 1.216.728 € (un millón douscentos dezaseis mil setecentos vinte e oito euros).

5. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 506.970 € (cincocentos seis mil novecentos setenta euros).

Orzamento con IVE: 613.433,70 € (seiscentos trece mil catrocentos trinta e tres euros e setenta céntimos).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6.3.2017.

b) Data de formalización do contrato: 6.4.2017.

c) Contratista: Siemens Healthcare, S.L. (B-60805769).

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 380.169,60 € (trescentos oitenta mil cento sesenta e nove euros e sesenta céntimos).

Importe con IVE: 460.005,22 € (catrocentos sesenta mil cinco euros e vinte e dous céntimos).

A Coruña, 30 de maio de 2017

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña