Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33695

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Estatística

ORDE do 30 de xuño de 2017 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo anunciado pola Orde do 24 de maio de 2017.

Mediante a Orde do 24 de maio de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 107, do 7 de xuño, convocouse para a provisión, polo sistema de libre designación, un posto de traballo vacante no Instituto Galego de Estatística, órgano dependente da Consellería de Facenda.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde desta consellería do 24 de maio de 2017 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia, ou de sete días se comporta cambio de residencia.

Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso o servizo activo, o prazo será de vinte días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa seleccionada; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que obtén o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

– Datos do funcionario:

Nome e apelidos: Marcos Rodríguez Rey.

Número de rexistro de persoal 3280369257 A2083.

Corpo ou escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de Estatísticos.

Subgrupo: A1.

– Datos do posto de traballo:

Xefe/a da unidade de modelización socioeconómica

Código:FC.A01.00.000.15770.050

Nivel: 28

Dependencia: Instituto Galego de Estatística

Localidade: Santiago de Compostela