Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 22 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2016/3015-1).

Expediente: IN407A 2016/3015-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación: modificado LMT aérea SC 20 kV punto fronteira Ordes.

Concello: Ordes.

Características técnicas:

Modificación da liña aérea de media tensión 20 kV existente, circuíto simple (SC), cunha lonxitude de 1,360 km sobre apoios de formigón e celosía, substituíndo o condutor existente por condutor recuberto CCX50-AL3 20 kV. Orixe no apoio nº 41 C-2000/4T da liña LMT As Pardiñas-CTC Peñasco e final no apoio da derivada a CT punto de entrega Ordes propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 22 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña