Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a unha autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á seguinte resolución:

Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático pola que se outorga a autorización ambiental integrada con número de rexistro 2015-IPPC-99-309.

Instalación: planta de fabricación de pensos

Procedemento: autorización ambiental integrada

Titular: Piensos Nanfor, S.A.

Expediente 2015-IPPC-I-99

Localización: concello de Begonte (Lugo)

Data: 6.4.2017

Esta resolución pódese consultar no seguinte enlace:

http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

e/ou nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático