De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a José Castro Rodríguez o Acordo do 27 de abril de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 4008-co, sito en Marín, relativo ao proxecto 00029 (expediente 2017/000030), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está a disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1 de Santiago de Compostela, 15781.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 00029-Variante de Marín. Treito conexión estrada de Figueirido con C-550. Clave N-po-91.10.2. Tm Marín.
Nº de expediente: 2017/000030.
Persoa que se vai a notificar: José Castro Rodríguez.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Expropiado: José Castro Rodríguez.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Predio nº: 4008-co.
Concello: Marín.
Provincia: Pontevedra.
Valoración da resolución do xurado: 944,27 €.