Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33591

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública (expediente 168/2017).

Sométese a información pública o expediente 168/2017, tramitado a instancia de Congelados Noribérica, S.A. para a legalización da actividade existente nunha nave industrial destinada á elaboración de produtos do mar e derivados no camiño de Cebral, s/n, Veigadaña, na parroquia de Petelos deste municipio, para cumprir co número 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais para que, quen se considere afectado pola actividade, poida examinalo e deducir, no seu caso, as alegacións e observacións que considere convenientes.

Mos, 6 de xuño de 2017

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 17.6.2015)
Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo