Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33541

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (813/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número 813/2016 deste xulgado do social, seguido a instancia de Alba Carreira Fernández contra Lucía Testa Villaverde e o Fogasa, sobre despedimento e cantidade se ditou sentenza cuxa decisión é o seguinte:

«Estimo a demanda presentada por Alba Carreira Fernández, representada pola letrada Sra. Pérez Vega, contra Lucía Testa Villaverde, que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento con efectos desde o 24 de setembro de 2016.

– Condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación da presente resolución opte, comunicándollo a este xulgado por escrito ou mediante comparecencia, ben pola readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 24 de setembro de 2016 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 12,18 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 435,44 euros. De non exercer en tempo e forma a facultade de opción, considerarase procedente a readmisión co aboamento de salarios de tramitación.

– Condeno á demandada a aboar á demandante a cantidade de 236,75 euros, que percibirá xuro moratorio do 10 %.

– Impoño á demandada o aboamento das custas procesuais causadas, incluídos os honorarios da letrada da parte demandante ata o límite de 600 euros.

As cantidades a cuxo aboamento foi condenada a empresa serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que lle son propios.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación a resolver pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá acompañarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na Conta de Depósitos e Consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0813-16, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente-causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na Conta de Depósitos e Consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0813-16, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario «Xulgado do Social número 1 de Lugo» e como «concepto» o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Lucía Testa Villaverde, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 20 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza