Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 2 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se modifica unha autorización ambiental integrada (por modificación substancial), se refunde o seu texto e se formula a declaración de impacto ambiental para a dita modificación.

De conformidade co artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, e co artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, dáselle publicidade á seguinte resolución:

– Resolución do 15 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, pola que se modifica a autorización ambiental integrada co número de rexistro 2006/0362_NAA/IPPC_105 (por modificación substancial), se refunde o seu texto e se formula a declaración de impacto ambiental para a dita modificación.

Instalación: complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio

Procedemento: modificación substancial, texto refundido e avaliación de impacto ambiental ordinaria

Titulares: Extrusionados Galicia, S.A. e Extrugasa Transformación, S.A.

Expediente 2015-IPPC-M-77

Localización: concello de Valga (Pontevedra)

Data: 15.5.2017

Esta resolución pódese consultar na seguinte ligazón:

http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

e/ou nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático