Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33453

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 5 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia e ás agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 100, do 29 de maio de 2017, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 25780, na letra F) Nivel de autofinanciamento, onde di: «... superior ao 30 % ata o 40 %...», debe dicir: «... superior ao 30 % ata o 50 %...».