Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33423

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de licitación do contrato do servizo de limpeza viaria.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº de expediente: PA 4/2017.

c) Obtención de documentación e información:

c.1. Dependencia: Secretaría.

c.2. Domicilio: avenida Emilio González, 1.

c.3. Localidade e código postal: Malpica de Bergantiños 15113.

c.4. Teléfono: 981 72 03 18/981 72 00 01.

c.5. Telefax: 981 72 16 27.

c.6. Correo electrónico: correo@malpicadebergantinos.es

c.7. Enderezo da internet no perfil do contratante: www/contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp), Plataforma de contratación da Xunta.

c.8. Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza viaria.

b) Lugar de execución: Concello de Malpica de Bergantiños.

c) Prazo de execución: 2 anos contados desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: prorrogable, por acordo expreso das partes, polo prazo dun ano. O período máximo do contrato incluídas as prórrogas non poderá exceder de tres anos (2+1).

e) Tipo de contrato: servizos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de adxudicación indicados na clásula 12 do PCA.

4. Orzamento de licitación: o orzamento base de licitación, sobre o cal os licitadores presentarán oferta á baixa para a duración prevista do contrato (sen prórrogas), será de 82.520,21 euros máis 8.252,02 euros de IVE.

4.bis) Aplicación orzamentaria: 163.22700.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: véxanse cláusulas 3 e 4 do prego.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais que se contarán desde o seguinte ao da publicación do último anuncio en BOP, DOG e perfil do contratante (é dicir, conta desde o último anuncio que se publique).

b) Modalidade de presentación: presencial (b.1) ou por correo (b.2):

b.1:

– Dependencia: Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas).

– Localidade e código postal: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños 15113).

b.2: Oficina de Correos: ata as 14.00 horas.

b.2.1. Comunicación do envío por medio de oficina de Correos:

– Domicilio da entidade contratante: avenida Emilio González, 1, 15113 Malpica de Bergantiños.

– Nº de fax da entidade contratante: 981 72 16 27.

c) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas: Concello de Malpica de Bergantiños (salón de plenos).

– Enderezo: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños 15113).

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Malpica de Bergantiños, 3 de xullo de 2017

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde