Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 7 de xuño de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea T.F. I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea T.F. I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 7 de xuño de 2017, José Tarrío Fernández e María Teresa Fernández Cobas, solicitan autorización para transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor do seu fillo Jorge Juan Tarrío Fernández, da concesión administrativa e da batea T.F. I.

Segundo. Os solicitantes achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Jorge Juan Tarrío Fernández (52450903R), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: T.F. I.

Situación:

Cuadrícula número: 129.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Tarrío Fernández e María Teresa Fernández Cobas (35383933C-33108254F) 100 % ganancial.

Novo titular: Jorge Juan Tarrío Fernández (52450903R) 100 % privativa.

O novo titular da concesión administrativa subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 7 de xuño de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial de A Coruña