Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 15 de xuño de 2017 polo que se aproba, como proxecto público de urxencia ou de excepcional interese, a ampliación das instalacións da Fundación Instituto Feiral de Vigo.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta en sesión do día 15 de xuño de 2017,

RESOLVO:

Dar publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 15 de xuño de 2017 que a continuación se transcribe:

«1. Aprobar como proxecto público de urxencia ou de excepcional interese a ampliación das instalacións da Fundación Instituto Feiral de Vigo.

2. Declarar de utilidade pública e necesidade de ocupación os bens e dereitos afectados aos fins da expropiación ou da imposición de servidumes.

3. Declarar a urxencia da expropiación.

4. Declarar a prevalencia do proxecto sobre o monte veciñal en man común».

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria