Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33311

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de xuño de 2017 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Municipal de Ames (A Coruña) no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello de Ames solicita a inscrición da Escola de Música Municipal no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a Xefatura Territorial da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música que se sinala:

Denominación: Escola de Música Municipal de Ames.

Titular: Concello de Ames.

Código: 15033113.

Provincia: A Coruña.

Concello: Ames.

Localidade: Ortoño.

Código postal: 15220.

Domicilio: rúa Costaneira, Urbanización Aldea Nova-edificio multiúsos.

Segundo. Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993, e aos servizos de inspección correspondentes.

Terceiro. O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teñan que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria