Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de xuño de 2017 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia das resolucións de suspensión do dereito á renda básica de emancipación.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de suspensión do dereito á renda básica de emancipación.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro das ditas resolucións deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

O anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Nome

DNI/ NIE

Dependencia para a comparecencia

RBE-40497-13

Paola Andrea Arbeláez Orozco

…955R

Santiago de Compostela

RBE-39790-12

Adrián Orosa Nogueira

…966E

Santiago de Compostela

RBE-39702-12

Cristina Gil Verea

…839A

Santiago de Compostela

RBE-22457-09

Macarena Esmorís Riveiro

…752N

Santiago de Compostela

RBE-21151-09

Gonzalo Andrés Montero

…030D

Santiago de Compostela

RBE-17187-08

Silvia Margarita García María

…975P

Santiago de Compostela

A Coruña: rolda de Nelle 12 bis-1º, CP 15005 A Coruña. Teléfono: 981 29 48 72.

Santiago de Compostela: Área Central, local 25-Z 1º andar, polígono As Fontiñas, CP 15707 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 19 33.

Lugo: avenida Ramón Ferreiro, 28 CP 27002 Lugo. Teléfono: 982 88 92 60.

Ourense: rúa Valente do Casar nº 2 baixo, CP 32003 Ourense. Teléfono: 988 78 86 83.

*Pontevedra: rúa Alcalde Hevia nº 7 baixo, CP 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 56 06. Horario de atención ao público: martes e venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo: praza Maruxa Mallo 1-1º, CP 36206 Vigo, Pontevedra. Teléfono: 986 49 45 62.