Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33344

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 26 de xuño de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Mediante a Orde desta consellería do 7 de abril de 2017 (DOG núm. 81, do 27 de abril) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de persoal directivo na Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde desta consellería do 7 de abril de 2017 (DOG núm. 81, do 27 de abril), para os efectos previstos no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo desta orde.

Declarar deserto o posto de subdirector/a de Enfermaría do Barco de Valdeorras ao non se ter presentado ningunha solicitude para este.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: director/a de Procesos Asistenciais.

Nome e apelidos: Luis Antonio González Rodríguez.

DNI (*): *****910Q.

Posto: director/a de Procesos con Ingreso.

Nome e apelidos: María Concepción Alonso González.

DNI (*): *****299W.

Posto: director/a de Procesos de Soporte.

Nome e apelidos: José Antonio Ortigueira Espinosa.

DNI (*): *****410Z.

Posto: director/a de Procesos de Enfermaría.

Nome e apelidos: María José Menor Rodríguez.

DNI (*): *****769E.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: María Dolores Sánchez González.

DNI (*): *****347L.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistencias da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: Susana Beatriz Pulgarín Sobrino.

DNI (*): *****921V.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: José Camilo Noguerol Freijedo.

DNI (*): *****078C.

Posto: director/a de Recursos Humanos.

Nome e apelidos: Eduardo González Gil.

DNI (*): *****100S.

Posto: subdirector/a da Área de Recursos Económicos.

Nome e apelidos: Dolores Durán Oreiro.

DNI (*): *****729J.

Posto: xerente executivo/a de Verín.

Nome e apelidos: Miguel Ángel Abad Vila.

DNI (*): *****264W.

* Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.