Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 14 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha explotación avícola intensiva, no concello de Friol (Lugo). Titular: Sociedade Cooperativa Unimiño, S.C.G. (clave 2017-IPPC-I-8).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

«Autorización ambiental integrada. Proxecto básico e estudo de impacto ambiental. Explotación avícola intensiva para 52.920 galinas reprodutoras».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultala na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >> medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades >> autorización ambiental integrada >> proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2017-IPPC-I-8.

Peticionaria: Sociedade Cooperativa Unimiño, S.C.G.

Domicilio social: Centro Procesado Avícola, CPA, Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense.

Localización da instalación: lugar O Pedrido, parroquia de Lea, concello de Friol (Lugo) 27229.

Actividade: a explotación consistirá nunha granxa para a cría de galiñas reprodutoras con capacidade para 52.920 aves, unha pequena nave para aloxamento de galos con capacidade para 5.292 aves e un centro para a recollida e clasificación de ovo, como edificacións principais.

Para iso construiranse cinco naves para o aloxamento dos animais, unha nave para realizar a recollida e almacenamento dos ovos, unha nave para aloxamento de galos, un almacén para galiñaza e un depósito de auga de formigón armado. Tamén se instalarán silos para o almacenamento de penso, un valado sanitario que ille a explotación do exterior, un depósito de propano, un depósito para augas de limpeza, un depósito para as augas residuais dos aseos, un alpendre e pistas para o movemento de vehículos.