Declaración de insolvencia
Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, A Coruña, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 57/2017, por instancia de Carlos Castro Álvarez, contra a executada Paulina Kinga Siwiec Zygmunt, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 15 de xuño de 2017 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, por importe de 363 euros de principal, más 36,30 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, a todos os efectos, como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017
A letrada da Administración de xustiza