Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016365AM-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 18 de maio de 2017, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2016365AM-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a María Lima Sobral, titular da entidade Hane Eventos.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a María Lima Sobral, titular da entidade Hane Eventos, o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 121.1 da Lei 39/2015, para interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo isto mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, Santander, ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2016365AM-PO.

Interesada: María Lima Sobral, titular da entidade Hane Eventos.

Documento de identificación: 53192102W.

Último enderezo coñecido: rúa Camelias, 22, 36202 Vigo (Pontevedra).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.005,07 €.