Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32980

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO das bases para a selección de dous oficiais da Policía Local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 63, do 30 de marzo de 2017, publicáronse as bases de selección, mediante o sistema de concurso-oposición polo procedemento de promoción interna, de dous oficiais da Policía Local do Concello de Cangas, integradas no grupo C1; clasificación: Administración especial; escala básica: servizos especiais; número de vacantes: dúas (2); denominación: oficial, oferta pública de emprego de 2016, aprobadas mediante a Resolución da Alcaldía do 17 de marzo de 2017. O que se publica conforme o artigo 32 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

Cangas, 3 de abril de 2017

Xosé Manuel Pazos Varela
Alcalde