Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0008/2017-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-FE-0008/2017-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

A Coruña, 21 de xuño de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0008/2017-PPM

Narciso Fernández Rodríguez

32664529K

Resolución

Avenida Bello Piñeiro, O Seixo, 54, Mugardos

PSC-FE-0011/2017-PPM

Borja Martínez Ríos

32738729T

Resolución

R/ Alexandre Bóveda, 6, 1º E, Mugardos

PSC-FE-0017/2017-PPM

Francisco Salazar Suárez

32697492W

Resolución

Lg. Pazos, s/n, Ferrol

PSC-FE-0023/2017-PPM

Enrique Salazar Suárez

32709112F

Resolución

R/ Fernando VI, bl. 1, ptl. 2, 4º B, Ferrol

PSC-FE-0054/2017-PPM

Juan Ángel Moya Leira

32622259W

Resolución

R/ Catro Ventos, 65, Mugardos