Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/150-2, 8459 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMTS ao centro seccionamento para NS 44392 PE As Gándaras. Cuarteirón K. Parcela K1.1.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 230 metros con orixe no centro de transformación P.E. As Gándaras 1 (3625), en condutor tipo RHZ1 240 e final no centro de seccionamento, desprazando 17 metros da liña existente en condutor RHZ1 240 (entre arqueta 4 existente e 5 proxectada) e desmontando o resto de condutor existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 27 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo