Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, de comunicación de traslado de follas de valoración no expediente de expropiación 005/2009 AT, no concello de Ribadeo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...» mediante este anuncio infórmase do traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada refundido da LAT 132 kV E/S na subestación Folgosa en Ribadeo e a súa modificación entre os apoios 29 e 31, no concello de Ribadeo (exp. 005/2009 AT) correspondentes aos predios e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Lugo, 23 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Predio

Polígono

Parcela

Titularidade

Incidencia

161

15

641

Descoñecido

185

19

203

Alfonso Albite Ledo

Enderezo ignorado