Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32889

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 28 de xuño de 2017 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 24 de maio de 2017.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, pola Orde do 24 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 102, do 31 de maio), de conformidade co disposto na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 24 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 102, do 31 de maio).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar as persoas que se relacionan no anexo da presente orde.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle foran concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O/a xefe/a do centro no que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contado a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO

Apelidos e nome: Espiña Blanco, Cristina.

DNI: 78789894J.

Subgrupo: C2.

Denominación do posto de traballo: secretario/a do/da conselleiro/a.

Código do posto de traballo: MAC010000015770003.

Centro directivo: Gabinete conselleiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: C1, C2.

Nivel: 20.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

Observacións do posto:

Apelidos e nome: Romero Lamas, María Eugenia.

DNI: 33295768W.

Subgrupo: C2.

Denominación do posto de traballo: secretario/a do/da secretario/a xeral.

Código do posto de traballo: MAC020000015770004.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: C1, C2.

Nivel: 18.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

Observacións do posto:

Apelidos e nome: Cortiñas Fernández, Silvia.

DNI: 33291122W.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: vicesecretaria xeral.

Código do posto de traballo: MAC020000115770001.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Tipo de adscrición: adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Formación específica:

Observacións do posto: Órgano Estatístico Sectorial (Decreto 24/2008).

Apelidos e nome: López Bahamonde, María Jesús.

DNI: 76863329C.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Réxime Xurídico e de Coordinación Administrativa e da Planificación.

Código do posto de traballo: MAC020000215770001.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Tipo de adscrición: adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Formación específica:

Observacións do posto:

Apelidos e nome: Ríos Rodríguez, Miguel Ángel.

DNI: 33293481S.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Contratación e do Patrimonio.

Código do posto de traballo: MAC020000415770001.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Tipo de adscrición: adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Formación específica:

Observacións do posto:

Apelidos e nome: Otero Peña, Alberto José.

DNI: 32637174J.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Parques Naturais.

Código do posto de traballo: MAC040000115770030.

Centro directivo: Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1, A2.

Nivel: 28.

Tipo de adscrición: adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Formación específica:

Observacións do posto:

Apelidos e nome: Gago Moldes, Elisa.

DNI: 10082351W.

Subgrupo: A2.

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Conservación da Biodiversidade.

Código do posto de traballo: MAC040000215770019.

Centro directivo: Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1, A2.

Nivel: 28.

Tipo de adscrición: adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Formación específica:

Observacións do posto:

Apelidos e nome: Carrión Rodríguez, Cristina.

DNI: 32817223H.

Subgrupo: A2.

Denominación do posto de traballo: xefe/a territorial.

Código do posto de traballo: MAC991000015001002.

Centro directivo: Servizos periféricos.

Localidade: A Coruña.

Grupo: A1, A2.

Nivel: 28.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local.

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Observacións do posto:

Apelidos e nome: López Blanco, Margarita.

DNI: 33320321Z.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefe/a territorial.

Código do posto de traballo: MAC991000027001002.

Centro directivo: Servizos periféricos.

Localidade: Lugo.

Grupo: A1, A2.

Nivel: 28.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local.

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Observacións do posto:

Apelidos e nome: Núñez López, María Victoria.

DNI: 44447393P.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefe/a territorial.

Código do posto de traballo: MAC991000032001002.

Centro directivo: Servizos periféricos.

Localidade: Ourense.

Grupo: A1, A2.

Nivel: 28.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local.

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Observacións do posto:

Apelidos e nome: González González, José Manuel.

DNI: 36063318P.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefe/a territorial.

Código do posto de traballo: MAC991000036001002.

Centro directivo: Servizos periféricos.

Localidade: Pontevedra.

Grupo: A1, A2.

Nivel: 28.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local.

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)

Observacións do posto: