Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32913

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 1055/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1055/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jose María Pazos García contra Ponpre, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 336/2017.

A Coruña, 14 de xuño de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 1055/2016, de resolución de contrato e reclamación de cantidade por instancia de José María Pazos García, asistido do letrado José Daniel Pérez López, contra Ponpre, S.A. e o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade coa seguinte

Resolución:

Que, dando por desistida a parte demandante da súa pretensión de extinción da relación laboral, debo aceptar e acepto a demanda presentada por José María Pazos García e condeno a empresa Ponpre, S.A. a aboarlle ao demandante a cantidade de 5.804,70 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ponpre, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 14 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza