Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2017 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras, non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato administrativo de obras de acondicionamento da Praza do Curro no porto de Portosín (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 8/2016/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=64000.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: acondicionamento da Praza do Curro no porto de Portosín.

c) Medio de publicación do anuncio de adxudicación: perfil do contratante.

d) Data de publicación do anuncio de adxudicación: 7 de xuño de 2017.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: negociado sen publicidade e sistema unicriterio (prezo).

4. Valor estimado do contrato:

125.830,26 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 125.830,26 euros. Importe total: 152.254,61 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 22 de xuño de 2017.

c) Contratista: Rocas Graníticas del Condado, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 106.000,00 euros. Importe total: 128.260,00 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia