Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se acorda someter a información pública a creación da Academia Xacobea.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza está a tramitar a creación da Academia Xacobea ao abeiro do disposto no Decreto 392/2003, do 23 de outubro, polo que se regula o exercicio por parte da Comunidade Autónoma de Galicia das competencias en materia de academias de Galicia.

En virtude do disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 7.e) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno,

ACORDO:

Someter a trámite de información pública, por un prazo de vinte días días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, os estatutos da academia obxecto de creación, que se poderán consultar nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas), sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 3º andar, Santiago de Compostela, e no Portal de transparencia e Goberno aberto no enderezo web: http://cpapx.xunta.gal/transparencia/informacion-publica

As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán enviar as súas alegacións preferentemente mediante correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico: colexios.profesionais@xunta.gal ou, alternativamente, mediante a presentación dun escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en calquera dos lugares previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza