Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32680

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 166/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 166/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jose Manuel Rodríguez Quindimil contra a empresa Eurográficas Pichel, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto, con data do 2 de xuño de 2017, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Denégase o despacho da execución solicitado por falta de competencia obxectiva nos termos expostos.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días ante este xulgado.

Así o pronuncia, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Eurográficas Pichel, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza