Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32534

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (470/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 470/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Viqueira Castro contra Fogasa e Falcon Contratas y Seguridad, S.A., sobre ordinario, se ditou a Resolución do 8 de xuño de 2017 contra a cal non se pode interpor recurso ningún de conformidade co artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), e fágolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Falcon Contratas y Seguridad, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xuño de 2017

O letrado da Administración de xustiza