Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32537

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (512/2015).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 512/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Rodríguez Domínguez contra Falcon Contratas y Seguridad, S.A., Fogasa sobre ordinario, se ditou resolución do 8 de xuño de 2017 contra a cal non cabe interpoñer ningún recurso de conformidade co artigo 191.2 da LRXS; fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Falcon Contratas y Seguridad, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xuño de 2017

O letrado da Administración de xustiza